Durante séculos, o mar foi moito máis ca unha paisaxe. Foi unha forma de vida.
Mariñeiros fala da Galiza que viviu e vive de cara ao Atlántico. De quen atopou no mar o seu sustento, a súa liberdade e, demasiadas veces, tamén o seu destino.
A ilustración está inspirada na serie fotográfica Mariñeiros, de José Suárez, un dos grandes fotógrafos galegos do século XX. O subtítulo, Náufragos do Paradiso, rende homenaxe á obra homónima de Lois Pereiro, unha das figuras fundamentais da literatura galega contemporánea.
(O modelo das fotos de estudo mide 1,87 e leva talle L)